Estar federado dáche dereito a:
Podes federarte en calquera momento do ano, pero a validez da cobertura da licencia rematará de todas formas o día 31 de decembro do ano en curso.
Para que tramitemos a túa licencia federativa de Montaña hai que facer o pago correspondente na conta a nome do Club Vía Láctea nº de conta Bancaria:IBAN ES43 2080 0396 01 3040001740 de Abanca.
Unha vez obteñas o resgardo (en formato pdf) deberás ir o apartado "Folla solicitude da Licenza" da nosa páxina, cumplimentar o formulario cos teus datos e engadirlle resgardo do banco.
Cando comprobemos o pago, procederemos ca xestión e nuns 15 días terás a túa Licenza (FGM) lista.
Condicións do Seguro
Podes consultar os detalles do que inclúe cada unha das pólizas e a contía das coberturas de cada modalidade de licenza que podes elixir á hora de federarte, na tabla de abaixo ou máis polo miúdo facendo clic na imaxe
En caso de accidente
INFORMACIÓN CONCERNINTE A TÓDALAS ASEGURADORAS:
Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.
No caso de…
ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE
Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se Víaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.
ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE
Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.
Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.
Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.
Arriba
Prezo das Licenzas Federativas Ano 2022
Os prezos abaixo indicados haberá que sumarlle 14 €, que é o custo que ten facerse SOCIO DO CLUB. Co que ademáis de estar federado serás socio do noso club. Como hai varios tipos de licenzas, á hora de darte de alta debes elixir aquela que máis se adapte ás actividades que vaias a desenrolar.
A información seguinte non é vinculante e só é suministrada como primeira referencia.
Só serán vinculantes as pólizas e condicións particulares asinadas, rexistradas, vixentes e en poder da compañía de seguros e da Federación Galega de Montañismo
En caso de Víaxes ao estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e as Recomendaciones de Víaje, e tamén realizar o rexistro de cidadáns viaxando ao estranxeiro.
LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS 2021 SEGUROS – MAPFRE |
|||||
MODALIDADE | ÁMBITO TERRITORIAL | DISCIPLINAS ASEGURADAS |
Infantís (de 0 a 13 anos) (2) |
Xuvenís (de 14 a 17 anos) (2) |
Maiores (maiores 18 anos) (2) |
A | ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS | Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo (Sen incluir a Alta Montaña en ningún caso) | 20€ | 42€ | 74€ |
B | ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS | Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, e Vías Ferratas | 21€ | 46€ | 78€ |
C | B MÁIS EUROPA | Ídem as da B | 31€ | 65€ | 126€ |
D | MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) | Ídem a C | 49€ | 99€ | 184€ |
E | MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) | Ídem a D | X | X | 827€ |
OT | IDEM A B (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1) | Ídem as da B | X | 36€ | 53€ |
SUPLEMENTOS: BBT(+29€), ESQUI ALPINO (+40€), ESQUI DE FONDO NORDICO(+8,00€) E SNOWBOARD (+56,00€).
(1) As licencias OT son Licencias tipo B só para os meses de outubro, novembro é decembro para as persoas que se federan por primeira vez.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2022. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2022. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2022.
Seguro diario 1: 5€
Seguro diario 2: 7€
Os cambios de modalidade con levan un gasto de 3€ de tramitación.
Arriba