Facebook Instagram Correo Wikiloc

Quénes somos

O Club Vía Láctea e unha agrupación formada por persoas de distintas idades, sexos e procedencias, que nos reunimos con certa frecuencia co fin de disfrutar da natureza mediante a práctica do sendeirismo e o montañismo.

Non somos un grupo profesional, nin dispoñemos de guías profesionais, somos simples afecionados que nos ratos libres nos une a práctica deste deporte.

Somos un grupo aberto que ofrece participar nas actividades organizadas polo club sen necesidade de pertencer ou ser socio do mesmo; o único requisito para poder participar en cualquera das nosas actividades e ter a Licenza actualizada da Federación de Montañismo ou un seguro de accidentes puntual que cubra posibles accidentes durante a práctica deste deporte. Estamos rexistrados na Federación Galega de Montañismo e facilitamos a tramitación das licenzas anuais.

Non nos move ningún ánimo de lucro, pero as actividades que conllevan gastos, como poden ser desplazamentos en autocares, preparación das rutas, contratación de seguros, etc., implican cobrar un importe mínimo que cubra ditos gastos.

Arriba

Os nosos valores

Nos une un respeto pola Natureza e a súa conservación, así como un espíritu de compañeirismo e colaboración co resto dos compañeiros do camiño. Gústanos integrar, cuando é posible, valores culturais, etnográficos e gastronómicos dos lugares que visitamos durante as nosas actividades.

Arriba

De onde somos

A maioría das persoas que forman parte ou participan no Club son residentes en Santiago de Compostela ou dos alrededores, ainda que tamén hai un número de persoas habituais que residen noutras vilas e cidades de Galicia que comparten os mesmos gustos por este deporte.

Arriba

Historia do Clube

No ano 2008, realizando o Camiño Portugués desde Valença do Minho a Santiago de Compostela, coincidimos un grupo de persoas que pronto entablan unha amizade e que comparten o gusto por camiñar e pola natureza. O rematar O Camiño Portugués, decidimos xuntarnos de vez en cando para facer algunha ruta de sendeirismo, realizando os desplazamentos nos nosos coches particulares e recorrendo distintos sendeiros da nosa verde Galicia.

O principio éramos 12-15 persoas, pero pouco a pouco foise unindo máis xente. Durante dos anos elaboramos un programa anual en colaboración co Concello de Santiago de Compostela que resultou moi popular e con moita asistencia de público, realizando varios Camiños de Santiago e rutas de Sendeirismo dentro e fora de Galicia.

Na actualidade estamos constituidos como asociación, desenrolando o noso propio programa anual con rutas de sendeirismo, montañismo e seguimos realizando cada ano un dos Caminos de Santiago.

Nos reunimos os sábados alternos, algún fin de semana ou ponte os aproveitamos para desplazarnos fora da nosa comunidade.

Arriba

O noso hábitat

Donde mellor nos encontramos é camiñando por corredoiras, congostras, sendeiros de pescadores, sendas costeiras, vales, bosques, subindo a cumes, realizando travesías e recorrendo montañas.

Sentimos especial predilección polos espacios e parques naturais de Galicia, Somiedo/Ubiña, Picos de Europa e Pirineos.

Arriba

Visitaron a nosa páxina...

contadores de visitas
Pagina optimizada resolución 1440x900 para Chrome y Firefox. Propiedad del Club Vía Láctea Senderismo. Diseñada y creada por colaborador externo.
Webmaster