Facebook Instagram Correo Wikiloc
Licencia da Federación

Estar federado dáche dereito a:

  • Ser socio do Club Vía Láctea.
  • Participar con preferencia nas actividades federativas.
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio.
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
  • Comunicacións periódicas.
  • Calendario de actividades.
  • Participar en actividades divulgativas.
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña.
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

Podes federarte en calquera momento do ano, pero a validez da cobertura da licencia rematará de todas formas o día 31 de decembro do ano en curso.

Para que tramitemos a túa licencia federativa de Montaña hai que facer o pago correspondente na conta a nome do Club Vía Láctea nº de conta Bancaria:IBAN ES43 2080 0396 01 3040001740 de Abanca.

Unha vez obteñas o resgardo (en formato pdf) deberás ir o apartado "Folla solicitude da Licenza" da nosa páxina, cumplimentar o formulario cos teus datos e engadirlle resgardo do banco.

Cando comprobemos o pago, procederemos ca xestión e nuns 15 días terás a túa Licenza (FGM) lista.

Condicións do Seguro

Podes consultar os detalles do que inclúe cada unha das pólizas e a contía das coberturas de cada modalidade de licenza que podes elixir á hora de federarte, na tabla de abaixo ou máis polo miúdo facendo clic na imaxe

En caso de accidente

INFORMACIÓN CONCERNINTE A TÓDALAS ASEGURADORAS:

Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.

No caso de…

ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE

Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se Víaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.

ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE

Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.

Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.

Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.

Arriba

Prezo das Licenzas Federativas Ano 2023

Os prezos abaixo indicados haberá que sumarlle 14 €, que é o custo que ten facerse SOCIO DO CLUB. Co que ademáis de estar federado serás socio do noso club. Como hai varios tipos de licenzas, á hora de darte de alta debes elixir aquela que máis se adapte ás actividades que vaias a desenrolar.

A información seguinte non é vinculante e só é suministrada como primeira referencia.

Só serán vinculantes as pólizas e condicións particulares asinadas, rexistradas, vixentes e en poder da compañía de seguros e da Federación Galega de Montañismo

En caso de Víaxes ao estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e as Recomendaciones de Víaje, e tamén realizar o rexistro de cidadáns viaxando ao estranxeiro.

Descargar táboa


Arriba


Visitaron a nosa páxina...

contadores de visitas
Pagina optimizada resolución 1440x900 para Chrome y Firefox. Propiedad del Club Vía Láctea Senderismo. Diseñada y creada por colaborador externo.
Webmaster