Facebook Instagram Correo Wikiloc
Normativa

Nesta páxina poderás consultar a normativa de carácter xeral pola que se rexe o club.

É obrigatorio ser socio do club para participar nas actividades que realiza.

Co fin de procurar o bó funcionamento das actividades densenroladas polo Club, disporáse de persoas pertencentes a organización estratéxicamente situadas durante o percorrido establecido. Por iso prégase cumprir OITO NORMAS BÁSICAS IMPORTANTES:

  1. Seguir as indicacións do persoal da organización.
  2. Non é recomendable superar o persoal da organización que encabeza a marcha.
  3. Se non queres perderte, non perdas de vista ao compañeiro que está diante.
  4. Evita camiñar só.
  5. Se non estás seguro de estar no sendeiro correcto ou tes dúbidas agarda a que chegue alguén da organización ou algún dos participantes da ruta que cho poidan aclarar.
  6. Se por algunha razón tes que abandoar o camiño, tes a obriga de comunícalo a organización.
  7. Nunca te quedes detrás do persoal da organización que pecha o grupo.
  8. A Dirección do club pode cambiar as actividades programadas ou os horarios, se as circunstancias o requiren, así como limitar o número de participantes nalgunha proba para maior seguridade e o bó funcionamento do grupo.

Para evitar esperas innecesarias nas paradas de recollida habituais establécese o seguinte:

  1. Rógase puntualidade, sobre todo por respecto os demais compañeiros/as das andainas.
  2. Estando establecidas as horas de recollida nas diferentes paradas e despois de 5 minutos de cortesía, entenderase se non se está na parada, que non se acode á ruta.
  3. Nas paradas que se producen como descanso ou como final de ruta establécese o mesmo procedemento, daránse como máximo 5 minutos de cortesía. Independentemente dos casos nos que teñamos que estar a expensas do que ordene o "tacógrafo" do autobús.




Visitaron a nosa páxina...

contadores de visitas
Pagina optimizada resolución 1440x900 para Chrome y Firefox. Propiedad del Club Vía Láctea Senderismo. Diseñada y creada por colaborador externo.
Webmaster