Facebook Instagram Correo Wikiloc
Para participar....

Quen pode participar

Poden participar todas as persoas adultas interesadas que reúnan un mínimo de condiciones físicas e non padezan enfermidade ou defecto físico que lles incapaciten para desenvolver a actividade, os menores de 16 anos que cumpran estes requisitos deberán acudir acompañados por una persoa adulta que se faga responsable durante toda a actividade e os de 16 a 18 con autorización paterna.

Arriba

Pasos a seguir para a inscrición

  1. Comprobar que quedan prazas dispoñibles na ruta ou rutas a realizar
  2. Facer ou ingreso correspondente na conta bancaria do Club Vía Láctea
  3. Cubrir o Formulario de inscrición con tódolos datos obrigatorios sen esquecer marcar a ruta ou rutas nas que se quere realizar a inscrición.

Arriba

Onde pódese entregar a documentación

  • Co formulario on-line que podes atopar aqui
  • Na 1ª planta do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo diante da Igrexa, tódolos martes e xoves de 19:00 h a 21 h (excepto festivos), entregando a folla de inscrición cos datos solicitados e a rutas seleccionadas, máis a fotocopia do recibo co importe bancario correspondente a ruta a realizar.
  • Ou a través do correo electrónico, enviando copias do recibo bancario e da folla de inscrición cos datos cubertos e a ruta ou rutas seleccionadas.

Si se dispón de Licenza da Federación de Montañismo actualizada deberá presentarse ou enviarse copia, xunto co carné de identidade, para pode aplicar o prezo de federado nas rutas nas que participe.

Correo Electrónico para inscricións: clubvialactea@gmail.com.
Teléfono de contacto: 620 424 382
Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre 1º andar
Teléfono: 981 528 740 (só xoves de 19h a 21h).


Onde facer o ingreso:

A nome do Club Vía Láctea
nº de conta Bancaria: IBAN ES43 2080 0396 01 3040001740 de Abanca.

Arriba

Prazos de Inscrición

Para as rutas con duración de varios días, o prazo de inscrición rematará 9 días antes da súa realización e para as rutas dun día de duración o prazo rematará martes anterior a realización da ruta

Prazo de devolución por anulacións

Se procederá a devolución por anulación, sempre que se solicite cun mínimo de 9 días previos a la realización da ruta, para poder ofrecer con tempo suficiente as prazas que resulten vacantes a outras persoas que estiveran interesadas

Arriba

Número de participantes e orden de inscrición

O número mínimo establecido de participantes por ruta será de 30 persoas, si non se alcanza a cubrir dito número, se procederá a suspensión da actividade , procedendo a devolución dos importes correspondentes as persoas que fixeran o ingreso . Número máximo de 50 persoas por ruta. As prazas se adxudicarán por orden de entrega da folla de inscrición xunto co resgardo do importe bancario correspondente a ruta a realizar. A organización se reserva o dereito de suspender, modificar o cambiar as rutas programadas en función das necesidades que poidan xurdir como: climatoloxía adversa, ou outros factores que supoñan un risco para os participantes, ou poidan ser causa de malestar para o normal desenvolvemento da actividade .

Arriba

Onde contactar connosco

Arriba

Visitaron a nosa páxina...

contadores de visitas
Pagina optimizada resolución 1440x900 para Chrome y Firefox. Propiedad del Club Vía Láctea Senderismo. Diseñada y creada por colaborador externo.
Webmaster